Notice: WP_Block_Type_Registry::register foi chamado incorrectamente Os nomes de tipo de bloque deben conter un prefixo de espazo de nomes. Exemplo: my-plugin/my-custom-block-type Por favor, visita Depuración en WordPress para máis información.! (Esta mensaxe foi engadida na versión 5.0.0) in /var/www/vhosts/ogalegomola.com/httpdocs/wp-includes/functions.php on line 5313
Rexenera Fest en Carballo, festival internacional de arte público

Rexenera Fest, festival internacional de arte público

9/05/2021 | Paisaxes

O Rexenera Fest é un festival internacional de arte publico, que se celebra na vila de Carballo. Ten lugar na primavera e cunha duración dunha semana.

O festival nace en 2015 dentro do proxecto “derrubando muros con pintura”. Ten como obxectivo o de fomentar o turismo cultural e rexenerar espazos deteriorados da vila, achegando un valor engadido á paisaxe urbana.

Cada ano reúnense varios artistas da escena galega, estatal e internacional. Transforman a vila nun museo ao aire libre, no que se pode apreciar en directo o traballo dos artistas que realizan ás súas obras de forma simultánea en diferentes localizacións.

Paralelamente realízanse diversas actividades para que o público en xeral poida participar de forma activa (conferencias, clases impartidas por profesionais….etc)

Unha visita recomendada que gravamos para todos vós e que podedes ver na nosa canle de Youtube.

rexenerafest
rexenerafest

 

Vémonos en instagram, facebook e youtube. Grazas.