Preguntas Frecuentes

Que formas de pago se admiten?
Dispoñemos dos seguintes medios de pago: Visa, Mastercard e Paypal. Todas elas están
securizadas e solicitan autorización ao teu banco ou a Paypal.

Canto custa o envío?
Para toda a Península temos unha Tarifa Plana de transporte de 2,90€. Para os pedidos de máis de 50€, os gastos de envío son de balde (só Península).

Canto tarda o pedido?
O tempo de entrega do pedido dependerá da túa localización. Todos os envíos á Península
realizaranse por empresa de transporte urxente, e nun prazo de máximo de 5 días laborais.
Os pedidos prepáranse todos os días laborais nos seguintes horarios:
De luns a venres de 9:00 a 14:00 h
Os pedidos realizados fóra deste horario prepararanse o seguinte día laborable.
Prazos de envíos estimados:
• España: de 3 a 5 días laborables.
• Europa: de 5 a 10 días laborables.
• Resto do mundo: ao redor de 15 días laborables.
Nos pedidos internacionais poden producirse impostos, taxas ou aranceis que non están
incluídos no prezo total.
O prazo de entrega é orientativo, xa que dependemos dunha empresa de mensaxería. No caso de superar o prazo de entrega indicado, poñerémonos en contacto contigo para comunicarche o problema que puidese xurdir coa empresa de envíos. Se os prazos de entrega se atrasan máis de 10 días do previsto, poderías solicitar unha devolución do produto no caso de xa non querelo.

Podo facer un pedido para agasallar?
Si, ao procesar o teu pedido podes engadir a opción de envoltorio de agasallo por 1 euro máis.
Ademais, se nolo avisas no apartado de notas do pedido enviaremos unha tarxeta coa túa compra cunha mensaxe de ata 300 caracteres. A nota non ten un custo adicional.

CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS
Para nós o máis importante é que quedes satisfeito coa túa compra. Por iso, se non estás conforme co teu pedido podes solicitar a devolución ou cambio do artigo enviándonos un email a escribeme@ogalegomola.com nun prazo de 15 días naturais desde a recepción do produto. E se nos comentas o motivo da devolución podemos seguir mellorando.
Non se aceptan devolucións ou cambios contra reembolso.
Só aceptaremos as devolucións que cumpran os seguintes requisitos:
– O produto debe estar no mesmo estado en que se entregou e deberá conservar a súa embalaxe orixinal.
– O envío debe facerse usando a mesma caixa ou envoltorio no que foi recibido para protexer o produto.
– O produto non pode estar usado nin danado.
CAMBIOS:
Se equivocaches o talle ou prefires outra peza, ponte en contacto connosco indicando o número de pedido e os cambios que queres facer a: escribeme@ogalegomola.com e explicámosche como facelo. Non admitimos o cambio de pezas usadas ou que non teñan as súas embalaxes orixinais.
Hai que ter en conta a dispoñibilidade das pezas novas solicitadas. Para enviar o novo produto e recoller o anterior compartimos gastos. Ti pagas a devolución e nós o transporte do novo produto.
Procederemos a efectuar o cambio unha vez que revisemos que está todo correcto. Para iso non terás que realizar un novo pedido na web.

DEVOLUCIÓNS:
Se xa non queres o produto, indícanos o número de pedido a escribeme@ogalegomola.com .
Enviaremos un transporte a recoller o produto. En canto o revisemos nas nosas instalacións
procederemos a devolver o importe mediante a mesma forma de pago utilizada na túa compra, nun tempo estimado de 10-15 días (dependendo da túa entidade bancaria), menos 5 euros de xestión da devolución.

CANCELACIÓNS:
Os pedidos poden cancelarse, pero sempre dentro das 8 horas posteriores a efectuar o pedido na web e sempre que non saíse xa do noso almacén. Se queres cancelar un pedido,
envíanos un correo electrónico a: escribeme@ogalegomola.com indicando o teu nome, o número de pedido e o importe.