Xeados Caseiros

27/04/2019 | Gastronomía

Ola a todos, hoxe quérovos amosar como fago uns xeados caseiros. Nesta ocasión axúdame Stefany Milazzo de www.workingwellness.com
Stefany é experta en Nutrición Holística Hixienista y QuickMasaxista, a súa empresa está situada en Santiago de Compostela, pero desprázanse por Galicia.

Para estas 5 receitas de xeados imos precisar froitas, é conveniente que estean conxeladas con anterioridade así daránlle a consistencia necesaria ao xeado.

Ingredientes para os xeados:

Sandía:
Sandía previamente conxelada, unhas follas de menta, zumo y raiadura de medio limón.

Chocolate:
Plátano cortado en anacos e conxelado, dátiles, cacao puro, vainilla líquida (opcional) e toppings ao gusto de cada un.

⓷ y ⓸, Sementes de chía con ou sen froita:
300 ml de leite vexetal, 2 culleradas de sementes de chía, 2 culleradas de mel, 1 cucharadita de vainilla líquida, froita ao gusto.

Polos de chocolate:
Plátano conxelado en medios ou en cuartos, chocolate negro 85% (ou o que vos guste), aceite de coco, froitos secos ao gusto.

 

 

O paso a paso védelo na vídeo receita da nosa canle de Youtube:

Esperamos que vos gusten e gocedes de xeados caseiros, sans e ricos.
Por suposto, admiten as variacións que máis vos gusten, tanto en toppings como en froitas.

Vémonos en instagram, facebook e youtube. Grazas.